DISCOGRAFÍA ESENCIAL

(Clic nas portadas para mais info)

A Galicia de Maeloc

 

A Galicia de Maeloc

Gravado no ano 79. Estudios Audiofilm de Madrid. 8 temas tradicionais galegos, un irlandés e 4 temas de composición. Disco no que debuta o estilo e son de Milladoiro. A primeira vez que na música galega se empregan conxuntamente a gaita galega, ocarina, zanfona, harpa, clavecín, flautas,uillean pipe, etc. Foi o primeiro disco galego que se editou no mercado francés.

O Berro Seco

 

O Berro Seco

Gravado no ano 80. Estudios Kyrios. Madrid. Inspirado nunha fermosa tradición colectiva de San Fins do Castro (A Coruña). 9 temas tradicionais galegos, e 1 de composición. Concibido como un “continuum” de “A Galicia de Maeloc”. Incorpóranse sintetizadores e, por primeira vez tocan ao unísono gaita galega e uillean pipe.

3

 

3

Gravado no ano 82. Estudios Audiofilm, Madrid. 10 temas tradicionais galegos e 2 de composición. Supón a confirmación do estilo de Milladoiro e nel figuran moitos temas que marcaron durante moito tempo o directo do grupo. Nel figura un tema no que Milladoiro emprega as gaitas escocesas.

Solfafría

 

Solfafría

Gravado no ano 84. Estudios Windmill Lane, Dublín. Enxeñeiro: Brian Masterson. 9 temas tradicionais galegos, 1 bretón e 1 de composición. Primeiro disco de Milladoiro gravado en Irlanda. Colaboración especial de Paddy Moloney nun tema do disco.

Galacia no País das Maravillas

 

Galicia no País das Maravillas

Gravado no ano 86. Estudios Windmill Lane, Dublín. Enxeñeiro: Brian Masterson. Primeira colaboración en tres temas con pandeireteiras. Outros tres temas formaron parte da banda sonora da película “La Mitad del Cielo”, pola que o grupo foi premiado ese ano.

Castellum Honesti

 

Castellum Honesti

Gravado no ano 89. Estudios Windmill Lane, Dublín. Enxeñeiro: Brian Masterson. A totalidade dos temas son tradicionais galegos. Composicións que, nalgúns casos forman parte da memoria colectiva do País Galego. Mención especial dos Indie Awards do 91. Primeiro traballo de Milladoiro editado por Green Linnet no mercado internacional.

Galicia no Tempo

 

Galicia no Tempo

Gravado no ano 91. Estudios Windmill Lane, Dublín. Enxeñeiro: Brian Masterson. Obra temática inspirada na magna exposición do mesmo nome que abarcaba toda a historia de Galicia, das orixes ao presente. Catro movementos compoñen a obra. Temas tradicionais galegos e outro de composición. Editado no mercado americano por Green Linnet e no xaponés por Marquee/Belle Antique.

Vía Láctea

 

Vía Láctea

Gravado no ano 93. Estudios Cormorán, Galicia. Enxeñeiro: X. M. Tasende. Composición temática para un espectáculo de teatro de maxia, centrado na figura do Apóstolo Santiago e as peregrinacións. Son que vai dende as reminiscencias medievais á estética folk pasando, en ocasións, por rechamantes aproximacións pop.

A Xeometría da Alma

 

A Xeometría da Alma

Gravado no ano 93. Estudios Cormorán, Galicia. Enxeñeiro: X. M. Tasende. Composición temática baseada nos cadros de Maruja Mallo. Serviu de banda sonora para a exposición antolóxica da devandita pintora surrealista coa que se inaugurou o Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago.

Iacobus Magnus

 

Iacobus Magnus

Milladoiro coa English Chamber Orchestra. Gravado no ano 94. Estudios Abbey Road, Londres e Estudios Cormorán, Galicia. Enxeñeiro: X. M. Tasende. Suite orquestral en sete movementos composta arranxada e orquestrada por Milladoiro, encargo do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, como conmemoración do Ano Xubileo. Tódolos temas compostos polo grupo baixo o canon da música tradicional. Percorrido sonoro polo mundo mítico das peregrinacións a Compostela. Primeiro traballo de Milladoiro con orquestra.

Gallaecia Fulget

 

Gallaecia Fulget

Gravado no ano 95. Estudios Cormorán, Galicia. Enxeñeiro: X. M. Tasende. Composición temática, encargo da Universidade de Santiago de Compostela para a exposición  conmemorativa dos 500 anos da súa fundación . Dividida en catro movementos, o cuarto é unha suite de temas tradicionais galegos. Colaboran no disco voces solistas, coros de canto gregoriano e pandeireteiras. Lanzado no mercado xaponés pola editorial Marquee/Belle Antique.

As Fadas de Extraño Nome

 

As Fadas de Estraño Nome

Dobre CD en directo. Gravado no ano 95. Enxeñeiro: X. M. Tasende. Primeiro disco do grupo gravado ao vivo durante unha xira na Arxentina. Temas clásicos e novos de Milladoiro, soando coa frescura e potencia do directo. Editado no mercado xaponés por Tokuma e por Green Linnet en USA.

O Confín dos Verdes Castros

 

O Confín dos Verdes Castros

Gravado no ano 99. Estudios Cormorán, Galicia. Enxeñeiro: X. M. Tasende. Editado por Discmedi (1999). 4 temas tradicionais e 3 composicións do grupo. Este traballo foi un encargo do Concello de Cabana de Bergantiños, como parte dunha campaña de promoción turística.

Auga de Maio

 

Auga de Maio

Gravado nos anos 98 – 99. Estudios Cormorán, Galicia. Enxeñeiro: X. M. Tasende. Editado por Discmedi (1999). 10 temas tradicionais e 5 composicións do grupo. Cinco temas cantados. Colaboran, poñendo voces en senllos temas Ana Belén e a cantante de Mestisay Olga Cerpa.

O Niño do Sol

 

O Niño do Sol

Gravado en marzo - abril de 2002 nos Estudios Cormorán, Galicia. Enxeñeiro: X. M. Tasende. Editado por Discmedi (2002). Neste traballo inclúense 9 temas tradicionais e 4 composicións do grupo. Colabora a cantante galega Laura Amado. Inclúese a voz orixinal de Faustino Santalices, extraída dunha gravación de 1949 e, como pista extra, o tema de James Taylor "Millworker" cantado por Kathy Mattea con acompañamento instrumental de Milladoiro.

Adobrica Suite

 

Adobrica Suite

Gravado no ano 2002. Estudios Cormorán, Galicia. Enxeñeiro: X. M. Tasende. Suite estruturada en 3 movementos e 8 tempos adicada á cidade de Ferrol. Encargo do Padroado Municipal da Música e as Artes de Ferrol.

25

 

25

Gravado en 2005. Estudios Cormorán, Galicia. Enxeñeiro de gravación: X. M. Tasende. Disco no que Milladoiro fai unha relectura dalgúns dos temas máis emblemáticos da súa traxectoria. Coa colaboración de Susana Seivane, Anxo Pintos, Eileen Ivers, Rhonda Larson e Claudia Ferronato.

Unha Estrela por Guíá

 

Unha Estrela por Guía

Gravado en abril - maio de 2006 nos Estudios Cormorán, Galicia. Enxeñeiro: Juan Lameiro. Editado por Discmedi (2006). Disco composto de dez temas con textos do poeta Manuel María e música do grupo. Colaboracións de Leilía, Mabel Rivera e Luis Tosar entre outros.

A Quinta das Lágrimas

 

A Quinta das Lágrimas

Gravado en 2008 nos Estudios Cormorán e Casa de Tolos, Galicia. Enxeñeiro: Segundo Grandío. Editado por Pai Música (2008). Disco composto de nove temas con textos de Fernando Pessoa, Luís de Camôes, Manoel Antonio, Álvaro Cunqueiro e José Afonso e música do grupo. Colaboracións de Laura Amado e Mafalda Arnauth. Unha produción de Eixo Atlántico e Milladoiro.