Roberto Roade Martínez

Noraboa, e seguide así por favor, Milladoiro e a súa música significa moito para moita xente que como vedes acude os vosos concertos.
Eu vivo en A Coruña dende sempre e teño unha pequena de 8 anos á que lle encanta a vosa música i en xeral a música "Celta", de feito cando imos no coche sempre me está decindo, e parece que a estou escoitando agora mesmo das veces que o repite, papá ponme a Milladoiro.
Non sei se nas demáis cidades Galegas pasa o mesmo, pero eiquí como saberedes non abundan os concertos de música Galega,Tradicional,Celta.....
Recordo un de Boys of the Lough que me deixou pegado á butaca......
Non vou a entrar en política, peroooo, priman outras cousas........(¡¡¡¡Concello !!!!!).
Por favor, voltade axiña pra nos volver a empapar de ... Mar,Montaña,Xentiña do mar , xentiña do campo..... GALIZA.....
Perdoade o Rollo.....
Grazas e ata pronto.

Cristina Villar C.

Sempre é un placer para os sentidos escoitar a Milladoiro, e o pasado 26 de decembro na Coruña non foi unha excepción. Aínda se me poñen os pelos crespos da emoción! Recordo con moitísimo cariño un concerto, anos ha, na carballeira de San Fins do Castro, en Cabana de Bergantiños, unha preciosa noite de agosto. Se non é moito pedir... agradecería volver a escoitar esa lenda coa que dábades a entrada ó escenario a Rodrigo Romaní. Algo sobre uns amigos ou parexa que soñaba que soñaba... Gracias e unha aperta moi grande.

Nikos Apollonio (Maine, EEUU)

I discovered your video of 'O Voo da Pomba' , con fotos del cielo en Lugo.... currently my favorite. Absolutely beautiful. I also have Castellum Honesti, Galicia No Tempo and Auga de Maio.
Please email if you will performing in the EEUU.