Facebook

Cristina Villar C.

Sempre é un placer para os sentidos escoitar a Milladoiro, e o pasado 26 de decembro na Coruña non foi unha excepción. Aínda se me poñen os pelos crespos da emoción! Recordo con moitísimo cariño un concerto, anos ha, na carballeira de San Fins do Castro, en Cabana de Bergantiños, unha preciosa noite de agosto. Se non é moito pedir... agradecería volver a escoitar esa lenda coa que dábades a entrada ó escenario a Rodrigo Romaní. Algo sobre uns amigos ou parexa que soñaba que soñaba... Gracias e unha aperta moi grande.

Óscar Fernández

Gracias podo de onte na Coruña, estiven co meu fillo de 8 anos e disfrutou da vosa musica tanto ou mais que eu. Seguide asi cando menos outros trinta anos mais, Galiza nacesita da vosa musica.

Concha Leal Gómez

Un concerto fantástico e entrañable!!!! Noraboa ao grupo, que sigades formando parte da banda sonora das nosas vidas polo menos outros 30 anos máis

Jorge Rodríguez García

Gran concerto o desta noite na Coruña. Subidónnnnn

Alba Dávila

Eu crecín escoitando Milladoiro, e por Milladoiro amo a música en xeral, e a nosa música, en particular. Agora que estou lonxe da terra oirvos faime sentir cerquiña da miña xente. A ver se nos facedes unha visita por Extremadura. Sodes grandes!!

Ana Alazara (Vigo)

Milladoiro para min? que vou dicir eu, se recorrín cidades e pobos galegos en busca da vosa maxia en directo...
Milladoiro? moito máis que música!! Vémonos o día 20 en Vigo ;)

Laura Rodríguez Iglesias (Mos, Pontevedra)

A miña historia co grupo é a da miña vida, dende Galicia no país das maravillas, que nos regalara meu pai ata hoxe pasaron tantas cousas... a vosa música serviunos de consolo nos peores momentos e de compañía marabillosa nos mellores. Non sei o que sería a miña vida e a da miña familia sen a vosa música,e sen os vosos concertos, sodes a banda sonora da miña vida. Bicos

Simon Watts (London)

Habeis sido la banda sonora de tantisimos viajes a Galicia - "Invernia" siempre ameniza los dias de lluvia, mientras "O Insonio dunha noite de verao" y "o voo da pomba" son los temas que siempre ponemos en el coche si toca sol y tenemos la suerte de estar perdidos en algun lugar del campo gallego. Pero !ojo! vuestra musica tambien es peligrosa. Ponerla cuando se esta fuera de Galicia garantiza un ataque de morrina. Un abrazo, Simon

Charles Smith (Wales)

I entered a shop in Santiago de Compostella in about 1990 and a tape of yours was playing. I asked the shopkeeper what the tape was, and have been a fan ever since. I imagine this has happened to thousands of people. Best wishes from Wales