Cristina Villar C.

Sempre é un placer para os sentidos escoitar a Milladoiro, e o pasado 26 de decembro na Coruña non foi unha excepción. Aínda se me poñen os pelos crespos da emoción! Recordo con moitísimo cariño un concerto, anos ha, na carballeira de San Fins do Castro, en Cabana de Bergantiños, unha preciosa noite de agosto. Se non é moito pedir... agradecería volver a escoitar esa lenda coa que dábades a entrada ó escenario a Rodrigo Romaní. Algo sobre uns amigos ou parexa que soñaba que soñaba... Gracias e unha aperta moi grande.