Consuelo González

Acabo de saír do voso concerto en Ourense e realmente síntome moi emocionada e tamén moi agradecida. Emocionada  porque este camiño longamente percorrido por vós vai parello ao meu vivir, porque podo tararear a maioría das vosas composicións e sinto que forman parte de min tamén, como ben dixo un dos vosos músicos, forman parte da banda sonora da miña vida e creo que de todos os galegos. E agradecida por tantas cousas que me resulta difícil enumeralas todas, por facer país dende a música e dende a vosa actitude como galegos. Agradecida pola vosa sensibilidade, por ser capaces de remover o máis fondo dos meus engumiños, por conseguir conectarnos co máis fondo das nosas raíces como pobo, pola maxia que despertades en nós. E por deixarnos compartir tanta beleza.