José Antonio

Tiven a sorte de obter unha entrada para o voso concerto na Coruña o 26 de nadal. quixera darvos as grazas pola vosa profesionalidade e fermosa actuación. Quedei encantado coa vosa música, co voso directo, etc.
Unha vez máis os meus parabéns.

José Antonio

Óscar Fernández

Gracias podo de onte na Coruña, estiven co meu fillo de 8 anos e disfrutou da vosa musica tanto ou mais que eu. Seguide asi cando menos outros trinta anos mais, Galiza nacesita da vosa musica.

Concha Leal Gómez

Un concerto fantástico e entrañable!!!! Noraboa ao grupo, que sigades formando parte da banda sonora das nosas vidas polo menos outros 30 anos máis

Jorge Rodríguez García

Gran concerto o desta noite na Coruña. Subidónnnnn

Guillermo e José Álvarez

Grazas pola vosa música, o gusto, a sensibilidade e a dignidade expresada perante istes trinta anos.
Unha forte aperta.

Consuelo González

Acabo de saír do voso concerto en Ourense e realmente síntome moi emocionada e tamén moi agradecida. Emocionada  porque este camiño longamente percorrido por vós vai parello ao meu vivir, porque podo tararear a maioría das vosas composicións e sinto que forman parte de min tamén, como ben dixo un dos vosos músicos, forman parte da banda sonora da miña vida e creo que de todos os galegos. E agradecida por tantas cousas que me resulta difícil enumeralas todas, por facer país dende a música e dende a vosa actitude como galegos. Agradecida pola vosa sensibilidade, por ser capaces de remover o máis fondo dos meus engumiños, por conseguir conectarnos co máis fondo das nosas raíces como pobo, pola maxia que despertades en nós. E por deixarnos compartir tanta beleza.

Miguel Villadóniga (Narón, A Coruña)

Vivamos con Milladoiro
Cando de un grupo de música conservamos cassettes, discos de vinilo e CDs é porque esa é a música da nosa vida, a que nos veu medrar e a que nos sigue acompañando.
Nos tempos en que se puxo de moda a música celta, houbo grupos moi bós como Brath que semellaban marcar o novo camiño da música. Milladoiro sigueu no seu rumbo que é o mesmo de hoxe: Galicia e tradición. Quero felicitarvos por crear un estilo e mantelo tantos anos.
Os que nos recomendan que “vivamos como galegos” so esqueceron un detalle: tamén hay que sentir a música de Milladoiro.
Gracias de corazón e unha grande aperta a toda a familia MILLADOIRO.

Inés Rodríguez Vázquez

Que foi e sigue sendo Milladoiro para min
Gracias a unha recua de irmás e irmáns que me precederon, 9 para ser exactos, medrei mamando esta música que me criou na admiración e respeto polas tradicións e o folclore. Doulle as gracias a Milladoiro por transmitirnos, a moita xente, esta paixón e manternos en contacto coas nosas raíces e non deixarnos esquecer de quen vimos.
O concerto que máis me marcou e do que gardo un recordo máis vivo foi  o que destedes con Paul Winter na Quintana, especialmente o tema que compuxéstedes xuntos; que por certo para facerse con ese tema que?
Moitas felicidades e que cumprades moitos máis. (E eu que o vexa, jaja)

Miguel Fernández

A música feita viaxe
Arrancamos. Son os anos da miña infancia e Milladoiro comparte rutas no coche dos meus pais con outros ilustres coma Fuxan os ventos, A Quenlla... aínda que sempre son eles os que máis horas e máis kilómetros acumulan acompañándonos. Pobo a pobo deixabamos atrás as paisaxes do outro lado da fiestra, paisaxes que non sei se eran máis fermosas adornadas por aqueles sons ou se eran elas as que provocaban que a música brilara con máis intensidade. Decántome por un empate, máis ben decántome por unha igualdade, por unha “absoluta identidade”. Milladoiro foi e sigue a ser capaz de captar e transmitir o noso entorno, a nosa realidade, a sensibilidade dunha tradición e dun pobo galego, sen que saber, se cadra, que a súa música sirve de guía, que nos educa facéndonos lembrar quenes fomos ó tempo que nos  mostra, tal e como se fora unha fiestra dun coche, cara onde vamos e para onde podemos ir.
Imaxes, sons, olores… a vida é un acopio de recordos que o noso patrimonio musical acentúa e que Milladoiro representa de maneira tan sobresaínte.
Gracias por estar nos meus recordos e por acompañarme na miña vida, na miña viaxe.

Alba Dávila

Eu crecín escoitando Milladoiro, e por Milladoiro amo a música en xeral, e a nosa música, en particular. Agora que estou lonxe da terra oirvos faime sentir cerquiña da miña xente. A ver se nos facedes unha visita por Extremadura. Sodes grandes!!

Julio Canto Canto (Burela, Lugo)

Parabens, vin xa 38 concertos vosos,dende BURELA, donde vivo pasando por Barcelona Madrid La Laguna, fantastico este, o ultimo en Betanzos.Todo elo en 30 anos.Grazas por facer que a nosa TERRA tenha un lugar de honra no mundo da musica.Non paredes nunca,que a saude vos deixe tocar e tocar,eu nunca deixarei de escoitarvos. XUROVOLO. uhna aperta

Xurxo (Boiro, Pontevedra)

Bos días e noraboa!
De pequeno lémbrome de escoitar na casa os vosos discos. Teño 35 anos, así que supoño que os meus pais comezaron a mercalos dende o comezo. Esos son os primeiros recordos que teño de vos. E o máis recente, o último concerto do Festival de Ortigueira. Alí puiden constatar que non era eu o único que sentía un cariño especial por todo este tempo. Aparte da vosa música, todo o público parecía querer homenaxear a vosa presencia, por tanto e tanto que volo merecedes. Por trinta anos máis de milladoiro!

Moncho (Baiona, Pontevedra)

pois o tema por excelencia sen dubida e o que estou agora mesmo a escoitar,o ALALA DAS MARIÑAS,nunca "catro notas" tan ben colocadas poden transmitir tanto,e na voz que FAUSTINO...... sen palabras.Parabens polos 30 anos,un saudo e unha aperta dende BAIONA

Manuel Fernández Gómez

Unha peza: No cabo da viaxe (Iacobus Magnus).
Dúas (femenino que non ten o castelán)riquezas: a lingua e maila música que nen o mesmo ladroeiro Madoff foi quen de quitarnos.
Parabens a Milladoiro (os que son e os que foron), pois con eles medramos e con eles queremos envellecer, até sentirnos pedras dos Milladoiros tamén.

Ana Alazara (Vigo)

Milladoiro para min? que vou dicir eu, se recorrín cidades e pobos galegos en busca da vosa maxia en directo...
Milladoiro? moito máis que música!! Vémonos o día 20 en Vigo ;)

Laura Rodríguez Iglesias (Mos, Pontevedra)

A miña historia co grupo é a da miña vida, dende Galicia no país das maravillas, que nos regalara meu pai ata hoxe pasaron tantas cousas... a vosa música serviunos de consolo nos peores momentos e de compañía marabillosa nos mellores. Non sei o que sería a miña vida e a da miña familia sen a vosa música,e sen os vosos concertos, sodes a banda sonora da miña vida. Bicos

Simon Watts (London)

Habeis sido la banda sonora de tantisimos viajes a Galicia - "Invernia" siempre ameniza los dias de lluvia, mientras "O Insonio dunha noite de verao" y "o voo da pomba" son los temas que siempre ponemos en el coche si toca sol y tenemos la suerte de estar perdidos en algun lugar del campo gallego. Pero !ojo! vuestra musica tambien es peligrosa. Ponerla cuando se esta fuera de Galicia garantiza un ataque de morrina. Un abrazo, Simon

Charles Smith (Wales)

I entered a shop in Santiago de Compostella in about 1990 and a tape of yours was playing. I asked the shopkeeper what the tape was, and have been a fan ever since. I imagine this has happened to thousands of people. Best wishes from Wales